Ata o 2 de decembro permanecerá aberto o prazo para que os grupos galegos inscriban as súas propostas para a Rede Galega de Música ao Vivo 2025 (RGMV). Esta é a rede para o desenvolvemento de proxectos de programación musical en salas privadas habilitadas legalmente para a realización de concertos.
Na convocatoria para Grupos poderedes ver as 6 salas beneficiarias e a normativa básica.
Os proxectos das salas deberán incluír dúas liñas de programación:
1.1. Programación musical na Rede Galega de Música ao Vivo, que terá que cumprir os seguintes requisitos:
a) O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 12 e un máximo de 24 concertos distribuídos entre as dúas anualidades de xeito equilibrado.
b) Estará formado integramente por artistas que desenvolvan a súa actividade habitualmente en Galicia.
c) Contará, por polo menos, cun 40% de presenza de artistas femininas galegas, agás que sexa de imposible cumprimento e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
d) O caché mínimo por solista o membro da banda será de 250€+IVE e o custe máximo subvencionable por concerto non poderá ser superior a 2.500€+IVE).
e) Todos os concertos deberán ser de pago, cun prezo mínimo por entrada de 5 euros (IVE incluído).
1.2. Programación complementaria á Rede Galega de Música ao Vivo, que terá que cumprir os seguintes requisitos:
a) O proxecto de programación deberá constar dun mínimo de 40 concertos distribuídos entre as dúas anualidades dun xeito equilibrado.
b) Todos os concertos deberán ser de pago, cun prezo mínimo por entrada de 5 euros (IVE incluído).
Para calquera aclaración podedes poñervos en contacto co departamento de programación de Agadic:
[email protected] / [email protected]
tel: 881 996 087/ 881 996 088
Aviso oficial / Galescena