imaxe da nova
Nova Galega

Xornada de Mostra e debate para a comunidade musical coruñesa o 3 de novembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
31 outubro 2024

Teñen cabida artistas,  bandas,  salas, tendas de discos, de instrumentos, luthiers, reparadores de instrumentos,  técnicos de son e luces, asociacións vinculadas coa música...

A  República Musical Mardi Gras co apoio do Concello da Coruña organiza unha xornada á que podes apuntarte sen custe o domingo 3 de novembro no GARUFA CLUB (si, no Garufa, non é un erro). En qué consiste? Un día para charlar cos colegas do mundillo da música con entrada libre para todo o mundo que se achegue ata alí.

Será de 12 a 14:30 horas (hai que estar algo antes para colocar as cousas) e de 16:30 a 18:00 faremos un debate entre todas as persoas inscritas para analizar a situación da música local, comentar problemas, buscar solucións... E de 18:30 a 20 horas voltamos a abrir ao publico. Ás 20:10 estamos fora. 

Nota: En caso de ter que seleccionar porque hai demasiadas peticións, os proxectos que teñan algunha persoa socia da República Musical Mardi Gras terán preferencia.  

No haberá música en directo este día. Podes traer todo o tipo de material da túa banda, repartir flyers se tes un concerto próximamente na cidade...

Para dudas, envía un correo a [email protected] 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información